No Concurso Escolar do Grupo Social ONCE poden participar todos os alumnos e alumnas dos centros educativos españois públicos, concertados e privados, escolarizados en: Educación Especial, Primaria (de 3º a 6º), Secundaria e FP Básica.
Non importa. A temática é completamente distinta, o mesmo que os traballos creativos solicitados aos participantes, polo que se trata dun novo concurso.
A participación no Concurso farase mediante un traballo por clase e sempre dentro da categoría correspondente, segundo o curso ao que pertenzan os alumnos e alumnas. Como excepción, aceptaranse traballos que correspondan a alumnos de varias categorías, tal e como ocorre nos centros escolares rurais agrupados, clases de circo itinerantes, clases especiais de apoio, etc.
Nestes casos, a clase participará na categoría na que haxa máis alumnos. En caso de empate, a clase participará pola categoría superior.
O número máximo de participantes por traballo será o número máximo de alumnos e alumnas por clase que marque a lei vixente para cada nivel.
Non. Para participar é necesario que un ou unha docente do centro educativo se encargue do rexistro.
Este programa está integrado no currículo educativo da LOMLOE e foi desenvolvido tendo en conta a vinculación curricular de cada etapa educativa participante. Por iso, non supón ningún traballo adicional. O material didáctico que facilitamos permite que cada docente desenvolva na clase (en función do seu tempo e posibilidades) os contidos e actividades que considere oportunos para introducir ao seu alumnado na temática do Concurso e facilitar o seu posterior traballo de participación.
O grao de implicación na supervisión e axuda ao alumnado no desenvolvemento do traballo de participación será decisión de cada docente, que unicamente se compromete a explicarlles a actividade e a facernos chegar posteriormente os seus traballos de participación.
Este programa de acción educativa e os seus materiais didácticos desenvolvéronse en base ao currículo da LOMLOE e pode traballarse a través das seguintes Competencias Básicas:
SABERES BÁSICOS | |
---|---|
A. Autocoñecemento e autonomía moral. | O pensamento crítico e ético |
A natureza humana e a identidade persoal. Igualdade e diferenza entre as persoas. | |
B. Sociedade, xustiza e democracia. | Fundamentos da vida en sociedade. A empatía cos demais. |
Principios e valores constitucionais e democráticos. | |
As regras de convivencia. Moralidade, legalidade e conduta cívica. | |
Os dereitos humanos e da infancia e a súa relevancia ética. |
SABERES BÁSICOS | ||
---|---|---|
C. Sociedades e territorios | 1. Retos do mundo actual. | Cidadanía activa. Fundamentos e principios para a organización política e xestión do territorio en España. Participación social e cidadá. |
2. Sociedades no tempo. | O tempo histórico. Nocións temporais e cronoloxía. Localización temporal das grandes etapas históricas. | |
A acción das mulleres e homes como suxeitos na historia. Interpretación do papel dos individuos e dos distintos grupos sociais: relacións, conflitos, crenzas e condicionantes en cada época histórica. | ||
A memoria democrática. Análise multicausal do proceso de construción da democracia en España. A Constitución de 1978. Fórmulas para a participación da cidadanía na vida pública. | ||
3. Alfabetización cívica. | Compromisos e normas para a vida en sociedade. | |
Organización e funcionamento da sociedade. As principais institucións e entidades do contorno local, rexional e nacional e os servizos públicos que prestan. | ||
Os principios e valores dos dereitos humanos e da infancia e a Constitución española, dereitos e deberes da cidadanía. A contribución do Estado e as súas institucións á paz, a seguridade integral e a cooperación internacional para o desenvolvemento. |
SABERES BÁSICOS | |
---|---|
B. Sociedade, xustiza e democracia | As virtudes do diálogo e as normas de argumentación. A resolución pacífica de conflitos. A empatía cos demais. |
O Estado de dereito e os valores constitucionais. | |
A inclusión social e o respecto pola diversidade. |
SABERES BÁSICOS | |
---|---|
A. Retos do mundo actual | Desigualdade e inxustiza no contexto local e global. Solidariedade, cohesión social e cooperación para o desenvolvemento. |
B. Sociedades e territorios | Conciencia histórica. Elaboración de xuízos propios e argumentados #ante problemas de actualidade contextualizados historicamente. |
C. Compromiso cívico | Dignidade humana e dereitos universais. Convención sobre os Dereitos do Neno. |
Alteridade: respecto e aceptación do outro. Comportamentos non discriminatorios e contrarios a calquera actitude segregadora. | |
Convivencia cívica e cultura democrática. Incorporación e implicación da sociedade civil en procesos democráticos. | |
Solidariedade, empatía e accións de apoio a colectivos en situacións de pobreza, vulnerabilidade e exclusión social. | |
A contribución do Estado e as súas institucións á paz, á seguridade integral cidadá e á convivencia social. | |
Diversidade social e multiculturalidade. Integración e cohesión social. | Cohesión social e integración. Medidas e accións en favor da igualdade e da plena inclusión. |
Cohesión social e integración. Medidas e accións en favor da igualdade e da plena inclusión. | |
Cohesión social e integración. |
Non. Son só unha ferramenta para facilitar ao docente a tarefa de introducir ao seu alumnado na temática deste ano e en como abordar o traballo que se vai presentar.
Si. O traballo deberá realizarse, ben a través do encerado dixital que atoparedes na área privada, ou ben a través dun cartel físico. O cartel debe presentarse en formato .jpg cun peso máximo de 10 MB.
Cada clase deberá presentar:
Unha palabra inventada que exprese unha necesidade actual das persoas con discapacidade, e que poña en valor a importancia de lograr unha sociedade máis inclusiva.
Teredes que plasmar a palabra e o seu significado dun modo creativo, tanto no cartel como no encerado dixital, podendo incorporar un debuxo que o acompañe ou realizalo mediante a técnica do Lettering.
Unha vez acabado o traballo, hai que acompañalo dunha audiodescrición*, para facer accesíbel a peza.
Por suposto. Unha vez que o/a docente lles teña explicado como debe ser o traballo que han de presentar, os alumnos e alumnas poden dedicar todo o tempo que queiran ao desenvolvemento do seu traballo fóra da aula.
Non pasa nada. Podedes contactar connosco e axudarémosvos. Un equipo de profesionais resolverá as vosas dúbidas. Para iso, chamade ao 900 808 111 (teléfono gratuíto), ao 682 789 326 (Whatsapp) ou enchede este formulario.