40.ª edición do Concurso Escolar ONCE

Cartel del 40 Concurso Escolar ONCE

Tras 4 décadas sensibilizando e inspirando a miles de nenos e nenas, a nova edición do Concurso Escolar ONCE quere celebrar os seus 40 anos convidando o alumnado participante a sumarse á historia da inclusión.

A xeración máis diversa e inclusiva da historia realizará unha viaxe percorrendo unha parte importante da historia da inclusión e dos 40 anos do Concurso.

A través dun videoxogo totalmente accesíbel e, unha vez máis, da man de Igu, os alumnos e alumnas poderán realizar esta emocionante viaxe polas catro décadas do Concurso Escolar, coñecendo, a través de minixogos e preguntas, os fitos e avances máis importantes que lograron as persoas con discapacidade.

Tras finalizar a viaxe no tempo e superar todos os retos do pasado, os estudantes chegan ao ano 2024, onde se sumarán á historia da inclusión a través do seu traballo de participación: crear unha nova palabra que exprese e defina a importancia da inclusión das persoas con discapacidade na sociedade actual para incluíla no “Inclusionario”: o primeiro dicionario da inclusión creado por nenos e nenas. Un dicionario con novas palabras que definan as necesidades actuais das persoas con discapacidade.

O videoxogo terá:

8 desafíos centrados no coñecemento de 4 discapacidades: visual, auditiva, intelectual e física.

Diferentes xogos de concurso de preguntas e respostas cos que os/as usuarios/as poderán aprender novos aspectos relevantes sobre a inclusión, empatizando ademais coas diferentes discapacidades que se presentan.

Novas caixas sorpresa que lles descubrirán curiosidades relacionadas coa historia do Concurso Escolar ONCE.